Benvido ao catálogo dos fondos do Museo Valle-Inclán
Aquí pode consultar os fondos que conserva o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal: primeiras e raras edicións de libros do autor, manuscritos orixinais, fotografías de época, obxectos de belas artes (escultura, pintura, caricatura), vestiario, escenografías e cartelaría teatral, e obxectos persoais do autor.
Escriba no buscador un título, tipo ou breve descrición. A busca avanzada permítelle combinar varios criterios. Cada rexistro ten a súa ficha coa descrición completa do obxecto e as imaxes que o acompañan.
A consulta do catálogo é libre. Se desexa consultar algún fondo no museo, contacte connosco.