Axuda
Como buscar no catálogo
Escriba no buscador unha ou varias palabras do título, do autor ou da materia que lle interesa e prema «Buscar». Non é necesario escribir os acentos nin respectar as maiúsculas.
Na lista de resultados pode afinar a busca cos filtros da columna lateral: autor, materia, data e tipo de documento. Cada filtro amosa entre parénteses o número de fondos que contén.
Busca avanzada
A busca avanzada permite combinar varios criterios á vez: título, autor, materia, editorial ou imprenta, data, tipo de documento e clasificación. Só se amosan os fondos que cumpren todos os criterios indicados.
Índices
Desde o índice de autores e o índice de materias pode percorrer o catálogo por orde alfabética. En novidades atopará os últimos fondos incorporados.
A ficha de cada fondo
Cada rexistro ten a súa ficha coa identificación do fondo, a súa descrición completa e, cando están dispoñibles, as súas fotografías. As fichas amósanse no idioma no que foron catalogadas.
Consulta de exemplares
A consulta do catálogo é libre. Se desexa consultar algún exemplar no museo, póñase en contacto connosco no teléfono 981 831 662 ou en info@museovalleinclan.gal.